Bakin Blues Band & Edu Big Hands

Setembro 14, 2017

nota:

(RGMV)

Bakin Blues Band & Edu Big Hands

O poderío desta formación estriba precisamente na potencia duns directos que cultivaron xa unha intensa e duradeira acollida dun público consolidado que goza escoitando esa enérxica mestura de blues de Chicago, rumba, soul e boogiewoogie. Boa proba diso é que en 2017 inician o seu décimo ano consecutivo como banda residente en Santiago, actuando semanal e ininterrompidamente na cidade, primeiro no DadoDadá Jazz Club e despois no FraggleRock. Nesta ocasión visitará Casa das Crechas cun convidado habitual nas súas xiras, o prestixioso bluesman madrileño, Edu Bighands.

22:00 h.
Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
7 €