Desde Ábrete de orellas o noso apoio a unha iniciativa con moitísima xente involucrada, sen afán de lucro e autoxestionada á que non se lle puxeron facilidades senón obstáculos: teñen que pagar o aluguer do Auditorio de Galicia para o xoves 10 e un cargo a Servinova pola xestión da venda de entradas pola Internet.
Durante toda esta semana sucederanse os actos de homenaxe ao cantautor Zeca Afonso e a súa gran canción, símbolo dunha revolución, Grândola, Vila Morena, que foi interpretada por primera vez fai 40 anos en Santiago de Compostela.
Concertos, charlas e exposicións salpicarán as rúas e bares de Santiago durante toda a semana para ir abrindo o apetito para o gran día, o 10 de maio, no que máis de 30 artistas do ámbito lusófono reuniranse no Auditorio de Galicia para festexar o legado de Zeca Afonso no Festival Terra da Fraternidade.
axenda:
Luns 7
Residencia Universitaria Burgo das Nacións.Sá de Cinema. Presentación dos actos e concerto de Agencia de Viagens.20:30h. De balde.
http://terradafraternidade.com/comezamos-o-luns-agencia-de-viagens-e-o-colectivo-zeca-afonso/
Martes 8
Ultramarinos. Concerto Colectivo Zeca Afonso.22:30 3€
Mércores 9
Pub Ambigú. Proxección documental «Nao me obriguen sair a rúa gritar» 22:30 Entrada de balde.
Xoves 10
18:30 Pasarúas Trópico de Grelos pola Zona Vella.
Auditorio de Galiza.Acto Central Terra da Fraternidade.21:00 10€
Venres 11
Dezaseis.Mesa Redonda sobre o xenio do Zeca.17:30
interverán:Francisco Fanhais-Cantautor portugués e presidente da AJA.
Suso Iglesias-Ex director TVG e gaiteiro do Zeca.
Xico de Cariño-Galego e harmónica do Zeca.
Arturo Reguera-Galego, amigo persoal do Zeca,e acompañante na primeira xira do mestre pola Galiza.
Mario Correia-estudoso da música portuguesa, director do Festival de música tradicional de Sendim e do Centro de Música Tradicional Sons da Terra.
19:15 Clausura dos actos.