Áureas

Marzo 03, 2016

nota:
A primeira cita deste mes será mañá xoves 3 con ‘En Voga’, o concerto-espectáculo co que o conxunto internacional Áureas se presenta.

En escena veremos unha charanga dos anos 20 formada por cinco mulleres de catro nacionalidades diferentes. Na ficción, un grupo de mulleres emigrantes e libres coñécense nun trasatlántico e deciden formar un grupo musical.

En Voga é un espectáculo que arrecende a mar e abanea co vaivén dunha onda para traernos historias gardades en nostálxicos sobres de correspondencia. Unha coidada selección de pezas de autor e composicións dos anos 20 que inclúen ritmos brasileiros, polacos, arxentinos e galegos.

Áureas é un conxunto internacional dos anos 20 no que ventos, corda, voces e batería interpretan os ritmos bailables de moda nos comezos do século pasado.

Áureas son:
Isabel Mouzo
Gloria
Valentina Alonso
Cris Márquez
Ailén Kendelman
Areta Bolado

AXENDA

21:00 h.
Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
5 €