atleta “verdad”

Xaneiro 31, 2012

Segundo longa duración dos ex-12Twelve José Roselló e Jaume L. Pantaleón; o primeiro, batería, o segundo guitarra, e ambos aos sintetizadores. Tras o anterior, de hai menos dun ano, os barceloneses volven marcarse algo máis de media hora de dificilmente etiquetable rock instrumental, progresivo ou post-rock. Sen dúbida, un xénero pouco habitual e, por ende, ao que estamos menos afeitos. Non obstante, paga moitísimo a pena probar a mergullarse no gran traballo que fan, na multitude de sensacións que comunican cos seus instrumentos e os seus achegamentos desde o rock ao jazz, a psicodelia ou a electrónica. En “Eres El Oceano” e “Brazo Luminoso”, batería e guitarra son as protagonistas, “Gran Vía” ou “Atenas” hipnóticas, “Telepatía Habitual” acelerada, “Manchuria” reflexiva e de apariencia tranquila. En resumo, moito que sentir nos oito cortes dun disco que vai un paso máis adiante de “Catedrales”, que xa é dicir. A min xa me presta outra escoita e velos ao vivo. Podedes escoitalos e descargar de balde na web de Aloudmusic.
Pepe Cunha, 31/01/2011

AXENDA

Facebook