atleta “catedrales”

Febreiro 06, 2011

AtletA é o novo proxecto de dous membros daquela interesantísima formación instrumental chamada 12Twelve: Jaume L. Pantaleón e José Roselló. Este seu primeiro longa duración conserva unha parte clara da identidade da súa anterior banda, ese rock instrumental cun certo arume ambiental e minimalista. Ao longo dos máis de 35 minutos de duración poderían acaerlles cualificativos coma experimental, alternativo, indie, post-rock, ambient … Mais sempre merecerían a consideración dunha proposta uniforme e coherente que soa actual polos seus experimentos sonoros malia non perder a calidez dunha proposta máis clásica. Talvez máis electrónicos e menos jazz que os 12Twelve, acompañan unha sinxela base rock (lembrando por exemplo ás veces o rock progresivo ou o kraut rock) con sintetizadores e loops como parte máis moderna ou experimental. Debuxan paisaxes misteriosos, hipnóticos deses polos que presta deixarse levar, Como é habitual nas edicións de Aloud Music, podes escoitalo de balde e probar por ti mesm@ en aloudmusic.com/catedralesrd. O MySpace da banda é myspace.com/atletabcn e o álbum xa está en Spotify. Todo ao servizo da curiosidade e a disposición desprexuizada do ouvinte, pois non podemos esquecer que as propostas instrumentais seguen a ser unha rara avis no panorama actual. Pepe Cunha 6-febreiro-11

AXENDA

Facebook

3 days ago

Ábrete de orellas
Este sábado, na Sala Rebullón, o porriñés Peter Petrowski presenta o seu novo disco de colaboracións, ALL-STARS, co que celebra dez anos de produción musical. 💿A presentación contará coa presenza de practicamente todas as colaboracións que participaron nesta gravación e con Lakenobaila aos pratos, nun evento único e seguramente irrepetible que reunirá algunhas das voces máis importantes das músicas urbanas do País. 🌟Antes das actuacións, poderemos gozar do documental 𝗦𝗘𝗚𝗨𝗜𝗠𝗢𝗦 𝗘𝗡 𝗣É!, que conmemora os 20 anos da banda DAKIDARRÍA , cuxo cantante, Gabri, tamén colabora neste disco. 📽️Ademais, a colaboradora Nuria Vil presentará a curta 𝗗𝗲𝗹𝗶𝗻𝗰𝘂𝗲𝗻𝘁𝗲, baseada no seu poema sobre a historia obreira da cidade de Vigo e dirixida por Alba Domínguez, na que Petrowski asina a posprodución da banda sonora.E para rematar esta gran xuntanza de ALL STARS, ninguén mellor que Sapoconcho SemPoncho .🎉Non te perdas esta celebración da música galega. A cita comeza ás 17:00h coas proxeccións.🎟️ Entrada Anticipada 5€ + G.X / Billeteira: 8€💻 Entrada web: vivetix.com/entradas-peter-petrowski-presentacion-all-stars-2msj?s=link&fbclid=PAZXh0bgNhZW0CMTEA...🏡 Entradas á venda na Cantina As Pedriñas🗓️ Sábado, 5 de Outubro.⏰ 17:00h - Proxeccións 📍Avda. Rebullón Nº 23 - Tameiga.#keler Keler #Tameiga #Concertos #Conciertos #Musica #Comunidade #Mos #Galicia #Salarebullon ... See MoreSee Less
Ver en Facebook