Ataque Escampe + Os Gru

Marzo 14, 2020

nota:

Alégranos moito poder dicir que o día 13 de marzo Ataque Escampe presentarán o seu último LP, A Alma, na nosa sala.

Poucas verbas fan falla para presentalos, dado que máis de 12 anos de carreira poden xustificar o seu ben facer dentro do panorama galego; cun estilo propio a media marcha entre o folk-rock e o rock alternativo case creando un xénero propio e singular.

Veñen xunto Os Gru, banda formada por Vanesa Castro e Iñaki López -ambos artistas multimedia- en 2004. Un proxecto musical baseado nunha “electrónica caseira”, como eles mesmos din, no que tamén se suceden un abano de estilos.

22:00 h.
Sala Ruído, Ferrol.
6 / 8 €