Ataque Escampe + Columna Vegana

Marzo 07, 2020

nota:

Amigas; amigos; o 7 de marzo hai conxunción astral en Mollavao.
Desde Compostela chegan Ataque Escampe presentando novo disco, e antes deles van tocar Columna Vegana con temas novos. Delicia!

Dicía Morrissey que as cancións que puña o DJ non falaban da súa vida, pero iso non vai pasar con Columna Vegana. As cancións de Columna Vegana falan do coronavirus, do pin parental e do entroido de Laza. O proxecto de Corbi (músicas) e Estevo (voces) segue adiante.

A nova reencarnación de Ataque Escampe é vaporosa e atmosférica, pero tamén catártica e terrorífica, e tamén sexy, e dramática, e pode que algo triste pero pouco, e pode que algo nostálxica pero menos, e bailable nun 75 % aproximadamente. A nova formación -a banda para o comezo dos anos vinte- incorpora a Cibrán Tenreiro (Zara, Esposa, Monstruo) na batería, a Julio Vilariño (produtor de Primeiros bicos, o anterior LP da banda) nos sintetizadores e mais a Álex Charlón, cantante histórico do grupo dos inicios até o ano 2015. No Liceo iniciarán a xira de presentación do EP que acaban de publicar, A alma (Tremendo Audiovisual, 2019), un vinilo de 10” producido polo Hevi (Malandrómeda, Fluzo), onde hai krautrock, ambient, R&B e até rock de estadio, un estilo que ás veces, na casa, cando non os ve ninguén, escoitan.

Este contubernio por un prezo simbólico, ti decides canto pagas a partir de cinco euros para que a festa siga adiante. Unha noite de maxia e poderío que non debes perder!

AXENDA

Facebook

4 hours ago

Ábrete de orellas
Todo o noso apoio ás traballadoras da Crtvg Galicia Crtvg Galicia que están hoxe venres e mañá sábado en folga.Queren traballar, sen manipulación, sen represión, con pluralidade e para todas nós.Xa abonda de que non poidan amosar a súa verdadeira valía desde os medios públicos.Sempre, #DefendeAGalega.Defende A Galega Defende A Galega Defende A Galega.2️⃣5️⃣3️⃣ Venres Negros nos medios públicos galegos: contra a manipulación e a represión🤬🤬.📣E este coincide cunha nova xornada de folga, que se repetirá mañá✊🏿✊🏿#NonMáisAbusos #TodasAUnha#DefendeAGalega#VenresNegro253CRTVG ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
20:30 h.
Liceo Mutante, Pontevedra.
5 €