Ataque Escampe + Atrás tigre

Xuño 11, 2016

nota:

Os Ataque Escampe escriben cancións con salsa agridoce. Producen músicas tristes para escenarios con cortina vermella, reverbs torturados e himnos á derrota, pero tamén rock’n’roll para desabrochar as camisas, soul hilarante e, por que non, ruído. Neste concerto presentarán dous novos temas: Papá borracho e Alan Lomax. Atrás tigre fan jangle pop sucio e cósmico, de cadencia primitiva e cunha tona agreste. Son Pedro (guitarra e voz), Carlín (batería), Xiana (baixo e voz) e Olalla (teclados e voz). O seu EP de debut sairá este xuño editado en cassete polo novo selo Triunvirato.

AXENDA

Facebook

Liceo Mutante, Pontevedra.