Ataque Escampe

Outubro 12, 2012

A Ataque Escampe gústalle definir o seu estilo como rock de serie B por que partindo dunha instrumentación sinxela pero variada (do banjo ao hammond, do kazoo á percusión electrónica, da trompa á harmónica), ofrecen una proposta musical que trata de ser sólida e autónoma, encadrable nunha traxectoria antivirtuosa prácticamente inédita en Galicia. O rock de serie B é un modo de entender a música que abrangue un inxente abano de xéneros bastardos, desde o bolero ao punk, pasando polo vals, o tango, a canción popular galega, o country, o fox-trot, o soul e o rap.

Twist&Shout Club, O Grove.
5 €