assembly point

Novembro 19, 2011

A compañía galega Zouma Records e a portuguesa Vachier & Associados alíanse para lanzaren o debut discográfico deste trío de folk acústico e instrumental. Disque “cando a torre comezou a esvaecer, un portugués co seu bandolín, un galego co seu bouzouki, e un irlandés co seu violín atopáronse no punto de encontro e non falaron. Mais tocaron música”. Estes tres músicos non son descoñecidos ou novatos, pois participan noutros proxectos máis ou menos vencellados co folk tradicional acústico: Luís Peixoto con Anxo Lorenzo, Kepa Junkera, Quadrilha, Galandum Galundaina ou Dazkarieh; Fernando Barroso con Riobó, Coanhadeira, Os Cempés; e Eoghaan Neff con Riverdance, The London Metropolitan Orchestra ou NeffBros. Agora preséntanse en trío para ofrecer o resultado dese “ponto de encontro” das súas orixes, experiencias e aprendizaxes musicais, bautizándoo con naturalidade na denominación inglesa. Barroso ao bouzouqui, Peixoto na mandolina e o cavaquinho, e Neff ao violín. Non procuren aquí grandes sorpresas ou mesma unha pequena revolución, pero si un feixe de composicións propias a cargo de bos coñecedores dos seus instrumentos. Trátase dun estupendo debut, cos seus momentos festeiros, como “Jumping Bits”, e a súa melancolía (“One Way Road Hotel Girl”…). E xa escoitamos falar ben dos seus concertos …

Pepe Cunha 19/11/2011

AXENDA

Facebook

3 days ago

Ábrete de orellas
Este sábado, na Sala Rebullón, o porriñés Peter Petrowski presenta o seu novo disco de colaboracións, ALL-STARS, co que celebra dez anos de produción musical. 💿A presentación contará coa presenza de practicamente todas as colaboracións que participaron nesta gravación e con Lakenobaila aos pratos, nun evento único e seguramente irrepetible que reunirá algunhas das voces máis importantes das músicas urbanas do País. 🌟Antes das actuacións, poderemos gozar do documental 𝗦𝗘𝗚𝗨𝗜𝗠𝗢𝗦 𝗘𝗡 𝗣É!, que conmemora os 20 anos da banda DAKIDARRÍA , cuxo cantante, Gabri, tamén colabora neste disco. 📽️Ademais, a colaboradora Nuria Vil presentará a curta 𝗗𝗲𝗹𝗶𝗻𝗰𝘂𝗲𝗻𝘁𝗲, baseada no seu poema sobre a historia obreira da cidade de Vigo e dirixida por Alba Domínguez, na que Petrowski asina a posprodución da banda sonora.E para rematar esta gran xuntanza de ALL STARS, ninguén mellor que Sapoconcho SemPoncho .🎉Non te perdas esta celebración da música galega. A cita comeza ás 17:00h coas proxeccións.🎟️ Entrada Anticipada 5€ + G.X / Billeteira: 8€💻 Entrada web: vivetix.com/entradas-peter-petrowski-presentacion-all-stars-2msj?s=link&fbclid=PAZXh0bgNhZW0CMTEA...🏡 Entradas á venda na Cantina As Pedriñas🗓️ Sábado, 5 de Outubro.⏰ 17:00h - Proxeccións 📍Avda. Rebullón Nº 23 - Tameiga.#keler Keler #Tameiga #Concertos #Conciertos #Musica #Comunidade #Mos #Galicia #Salarebullon ... See MoreSee Less
Ver en Facebook