Assembly Point

Xuño 16, 2012

Tras un breve paso por terras galegas, o grupo viaxará a Inglaterra para participar no London Festival

Non deixan de sorprendernos coa súa proposta musical, mestura de tres países con cadansúa cultura, que converxen nun mesmo proxecto común. Son Assembly Point, recentes gañadores do Premio Opinión da música Folk ao mellor tema por “Jumping Bits” contido no seu disco debut.

Esta semana achéganse a terras galegas para ofrecer dous concertos e unha breve intervención musical en directo no programa A Solaina, que emite a TVG este venres 15 pola tarde. O mesmo venres ás doce da noite estarán na Sala Discotasca de Redondela (Pontevedra), e o día 16 participarán no Festifolk de Mugardos (A Coruña).

Pero isto non é todo, xa que o grupo prepara a súa participación no London Festival en Inglaterra, a onde se desplazará o día 27 de Xuño.

AXENDA

Facebook

Festifolk, Mugardos