Asaghieiras Master Festival: Terbutalina + Desequilibrio Mental + Monoulious Dop + Bastardos de Rivera + …

Setembro 22, 2018

nota:

📢🔥VOLVE O ASAGHIEIRAS MASTER FESTIVAL🔥📢

Xa van 5 anos da nosa última edición, pero despois de moito cavilar decidimos aventurarnos na resurrección da mellor festa da Costa da Morte.

Facémolo renovados, pero sen perdermos o espírito que nos caracterizou: MÚSICA DE BALDE NUN ENTORNO IDÍLICO AO CARÓN DO FARO DE LARIÑO 🌅⚓

Temos que agradecer todos os anos de cariño e promoción que bares e negocios da redonda nos brindaron, así como a confianza de todas e todos os veciños (e non tan veciños) que destes vida ao festival. 👏👏👏👏👏💝💝💝💝

Foron decenas as bandas que fixeron posible este festival. Desde aquí, dámosvos as grazas polo voso trato e apoio, por ter formado parte da nosa familia! Por iso, imos sacar unha remesa de 👕CAMISETAS CONMEMORATIVAS DO 10° ANIVERSARIO👕, un tributo a todas as bandas e artistas que pasaron polo festival! Podedes mercalas en distintos puntos que ampliaremos: BAR A PRAZA (MUROS), BAR MICHE (CARNOTA), HOSTAL PÉREZ (LOURO), SALA NASMO (BAÑO). Por un módico prezo de 10 €, colaborarás co festival e levarás un anaco de historia da música galega!

Seguide pendentes da nosa páxina, pois nos vindeiros meses confirmaremos datas, cartaz e máis actividades que desenvolveremos. Esperamos que compartades a nosa ilusión por volver a encher Lariño de música neste 2018!
🎸🍻 COMPARTIDE A BOA NOVA, ASAGHIEIRAS ESTÁ DE VOLTA 🍻

AXENDA

Facebook

6 hours ago

Ábrete de orellas
Por fin pasamos pola Guion clube clube de Pontedeume e está orelluda. Xa lles gustaría a moitas salas contar con esa disposición e espazo! E non podía haber mellor banda para vivir outro concerto intenso e nas distancias curtas que MOURA, das propostas máis interesantes do país nos últimos anos co seu rock progresivo-psicodélico enchoupado de ritmos e versos tradicionais.Spinda Records Spinda Records Luneda Producións Luneda Producións ... See MoreSee Less
Ver en Facebook