As salas de concertos galegas preocupadas pola viabilidade do sector

Xullo 02, 2020

nota:

Preto de 30 salas de concertos galegas déronse cita onte no Náutico de San Vicente do Mar, un dos enclaves máis emblemáticos para os directos galegos, na Xunta Xeral Anual de Clubtura, a Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo. Unha cita que todos os anos conleva debate e análise da situación, pero que neste 2020 viña acompañada de preocupación ante as novas normativas no desenvolvemento da súa actividade.

Unha xuntanza que comezou ás 16:30 horas e se prolongou até pasadas as 20, e na que todos os presentes coincidiron en amosar a súa preocupación ante as novas normativas, publicadas no DOG do pasado 27 de xuño, que establecen unha reducción de aforo no público e mesmo nos escenarios que fan inviable a supervivencia do sector en Galicia, onde as salas de concertos son un reflexo da realidade das dúas poboacións: espazos medianos xestionados por autónomos ou pemes.

A meirande parte das salas de concertos galegas retomarán a súa actividade neste mes de xullo, buscando adecuarse a estas novas medidas sanitarias e coidando en todo momento da seguridade de personal, clientes e artistas, pero reclaman das diferentes administracións medidas específicas que permitan manter vivo un sector que garante o acceso á cultura da música en directo, especialmente nunha comunidade como a Galega, onde as comunicacións entre poboacións fan complicados os desprazamentos intermunicipais.

AXENDA

Facebook

2 hours ago

Ábrete de orellas
Tarefas urxentes:👆Nomear unha Dirección Xeral conforme a lei🛑Frear desmantelamento e precariedade✊Recuperar a produción propia💪Reabrir ou fortalecer as delegacións para ter unha cobertura real de país👩‍💼Estatuto Profesional➡️Consello de Informativos#VenresNegro309CRTVG#DefendeAGalega ... See MoreSee Less
Ver en Facebook