As Cantigas de Elena + Pandereteiras de Toutón

Xuño 30, 2018

nota:

O sábado 30 de xuño, Pipo Alvariño, María Vidal Solla e Miryam González, presentarán o seu traballo discográfico, As Cantigas de Elena, en Toutón (Mondariz). Sen dúbida era necesario facer un concerto de presentación en Toutón, por ser este o lugar de nacemento de Elena Alonso Pino (Elena de Toutón) á persoa á que vai adicada o noso traballo discográfico.

A data escollida tampouco é unha calquera: o día 1 de xullo Elena cumpriría 90 anos, así que non atopamos mellor xeito de celebrar o seu aniversario que con esta actuación. Un concerto cheo de emocións e celebracións ao carón de Elena no que participarán, entre outros, o gaiteiro Pepe Vaamonde Manteiga e Javier Feijoo “Xisco”, aínda que non descartamos algunha sopresa máis.

O concerto comezará ás 21:30 horas coa actuación das Pandereteiras de Toutón para, de seguido, comenzar nós coa presentación de As Cantigas de Elena.

AXENDA

Facebook

3 hours ago

Ábrete de orellas
TANXUGUEIRAS e Fillas De Cassandra unidas en "Quen é a que canta?" ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
21:30 h.
Barrio Casco, 51 (ao carón da Igrexa de S. Mateo, Toutón, Mondariz.
De balde.