Arranca hoxe en Santiago de Compostela, o noitiNHas MUSIC

Abril 20, 2018

nota:

O novo ciclo musical noitiNHas MUSIC encherá de melodías os ceos composteláns a partir do vindeiro venres 20 de abril

A azotea do Hotel NH Collection Santiago ofrecerá mensualmente concertos de balde dalgunhas das bandas máis destacadas do panorama musical independente galego, nacional e internacional. Poderá accederse ao espazo previa recollida de convites na recepción do establecemento a partir das 19:30h e desfrutar dunha sesión DJ, tamén gratuita, antes do inicio de cada actuación.

O Hotel NH Collection Santiago co patrocinio de Cervezas Alhambra e a empresa Correveydile na organización, promove un novo ciclo na cidade de Compostela que conxugará música e gastronomía coas incribles e privilexiadas vistas que posúe a azotea do complexo. As actuacións arrancarán o vindeiro venres 20 de abril co concerto do grupo de pop progresivo Los Estanques ás 21h, precedido por unha sesión DJ a cargo de Alfonso
Espiño dende as 20h.

O novo ciclo noitiNHas MUSIC é gratuito previa recollida de convites na recepción do propio hotel cada un dos días do ciclo, e está pensado para que todo tipo de públicos coñezan algúns dos máis interesesantes proxectos da escena musical actual. As sesións musicais completaranse cunha mimada oferta gastronómica deseñada polo Chef Nacho Martínez e o seu equipo de cociña, que crearán petiscos temáticos para degustar na azotea
do establecemento os días soleados, ou no salón salón contiguo no caso daqueles días chuviosos nos que os concertos se teñan que celebrar en interior.

A primeira das actuacións traerá ata Santiago de Compostela ao grupo santanderino de retropsicodelia Los Estanques que, dende a súa estrea en formato físico coa publicación do seu deslumbrante 7” ‘Sentado al Son / Cuantos Valles‘ (Action Weekend Records), e posteriormente o su primeiro largo ‘Contiene Percal’, veñen demostrando a súa querencia por priorizar as melodías e os cambios de esquema en cancións con reflexos de jazz, folk e soul.

A partir de aquí será a banda de pop Papaya, que está a obter gran recoñecemento con premios de prestixio como El Ojo Crítico de Música Moderna ou o de grupo revelación nacional nos XI Premios Pop-Eye, quen achegará os seus temas ata a azotea do Hotel co concerto que darán o venres 25 de mayo.

No mes de xuño será o turno dos ritmos amazónicos a cabalo entre o hip hop e a electrónica do ecuatoriano Mateo Kingman quen, tras pasar en 2017 polo Festival Portamérica e tocar en interesantes propostas en 2018 como o Paraíso Festival en Madrid, pechará a súa xira pola península coa actuación que ofrecerá o venres 15 de xuño no NH Collection Santiago.

Xa de cheo no verán serán as cálidas melodías de cumbia, chicha e afrosound que o grupo madrileño Candeleros traerá ata a terraza do Hotel, as que animarán a noite do 22 de agosto, antes de que, no mes de setembro, o grupo revelación de 2018 e unha das bandas máis demandadas polos festivais da península, Esteban & Manuel, aterren no ciclo co seu xénero único mestura de electrónica, cumbia e autotune o mércores 26 de setembro.

Por último, no mes de outubro, e xa para pechar o ciclo musical, será a banda barcelonesa Mujeres quen fará voar polos ceos composteláns as súas melodías garage-rock&roll o venres 19, a través dun directo que, de seguro,

AXENDA