Arizona Baby

Agosto 31, 2013

nota:

Un acústico de Arizona Baby pechará o verán na sala meca do Twist & Shout. Con pouco máis dun ano de vida, esta sala sita na península de O Grove, programa concertos todas as semanas do ano. Despois do concerto será a quenda para dous pinchadiscos que participaron do último Festival do Norte. Serán Nano Vinilo Dj, coñecido por ser o residente do antigo pub Vinilo, e de Faber Dj do programa da Radio Galega, Estudio 3.
A banda vallisoletana, Arizona Baby, ofrecerá este sábado día 31 un concerto de rock acústico na sala de concertos meca, Twist & Shout Club. Trataráse dun Guitar Duo moi especial xa que non é doado atopar ao grupo neste formato.
Arizona Baby auto-editou o seu primeiro disco, ‘Songs to sing along’ no 2005. Tras un tempo residindo en Londres e participar en varios festivais internacionais, a súa repercusión foi subindo grazas ao boca a boca e sobre todo ao seu potente directo.

Twist & Shout Club, rúa Jaime Solá n. 9. O Grove

Prezo: 10 anticipada / 13 billeteira

Para máis información: prensa@twistandshoutclub.com

AXENDA

23:00 h.
Twist & Shout Club, O Grove.
10 / 13 €