Ariel Rot, unha aposta segura. Auditorio de Ferrol, 12-decembro-2015

Decembro 13, 2015

Ferrol xa recibiu varias visitas de Ariel Rot e todas cunha aceptación de público moi boa. A diferenza desta era que acodía con banda, non en formatos reducidos, e nun recinto onde degustarmos esas técnica, clase e elegancia que o colocan por riba da media no rock en castelán. Nuns tempos que as restriccións económicas obrigan a formatos máis asequibeis, onte os músicos se amosaron especialmente agradecidos por reencontrarse como unha banda de rock. Os (semi) acústicos teñen a súa graza, pero chegan a ser superexplotados, como a maioría das modas. Porén, un recinto tan grande é unha barreira para esa simbiose artistas-público que tanto presta nas cancións máis “proteicas”, que diría Manrique.

O repertorio de Rot é imbatíbel e para defendelo veu nada menos que con Candy Caramelo ao baixo, Osvi Grecco na outra guitarra e Toni Jurado na batería. Catro seguros na formación. Non houbo sorpresas e as que tiveron que ver estiveron nas improvisacións e solos e nalgúns inconvenientes técnicos que foron levadas con simpatía e naturalidade. O público non ten por qué sofrer comentarios ou acenos excesivos entre músicos e técnicos e isto non todos os artistas o lembran ou practican. Porén, Ariel Rot é dese grupo de artistas aos que se medir en canto a profesionalidade e carisma.

A súa carreira en solitario tras Tequila e Los Rodríguez deixou álbumes e cancións magníficas e un servidor agardaba algo máis que o repertorio de “En vivo, mejor”. Pode facelo, porque ten o público no peto desde o primeiro momento, maistamén hai que entender que o concerto se alongaría ás 2 horas. É de agradecer que á marxe dese álbum ao vivo abrira con “El mundo de ayer”, recuperase “Geishas en Madrid”, “Hoja de ruta”, “Adiós carnaval” e aproveitase “Lo siento, Frank”, debilidades deste orelludo, para se queixar da merda de música que predomina nas radiofórmulas. Si, e un lembra cando uns debutantes Los Rodríguez se presentaban na Praza de Armas coa “caravana” dalgunha radiofórmula que daquela apostaban por promocionar artistas de certa calidade. Unhas décadas despois vemos a merda que emiten e o ostracismo ao que condean propostas que merecen ser máis escoitadas.

Quedarei na memoria coa soltura coa que repasaron o repertorio e a atmosfera que transmitiron desde o escenario: uns roqueiros amigos que contaxian o pracer de quedaren de cando en vez para repasar como merecen un feixe de cancións sobresaíntes. Se iso o fan Ariel Rot e os mencionados, aseguramos unha velada para gozar.

Pepe Cunha, 13-decembro-2015

AXENDA

Facebook

1 day ago

Ábrete de orellas
O xoves comeza o Revenidas e estes son os seus horarios.Quedan entradas.⏰ 𝗛𝗼𝗿𝗮𝗿𝗶𝗼𝘀 𝗥𝗲𝘃𝗲𝗻𝗶𝗱𝗮𝘀 𝟮𝟬𝟮𝟰 ! 🎶📆 Estabades ansiosos por eles e aquí os tedes 👈📝 Estes serán os horarios dos concertos do #Revenidas2024 👈🔴 Tanxugueiras ⚫ Dubioza Kolektiv 🔵 La Pegatina🔴 Fillas de Cassandra⚫ Narco 🔵 Talco 🔴 Balkan Paradise Orchestra⚫ Lontreira🔵 Loita Amada🔴 Serial Killerz⚫ ETS (En Tol Sarmiento)🔵 El Kanka🔴 Lendakaris Muertos ⚫ Guadi Galego🔵 The Rapants ⚫ Mafalda - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 La Fúmiga🔴 Lágrimas de Sangre - ÚNICO CONCERTO EN GALICIA ⚫ Caamaño & Ameixeiras🔵 Los Niños Jesús 🔴 Vértebras⚫ The Tytes 🔵 Miss Bolivia🔴 Muchachito Bombo Infierno⚫ Xavi Sarriá - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 Trashtucada🔴 Rebeliom do Inframundo - CONCERTO ESPECIAL⚫ Dakidarría 🔵 De Ninghures - CONCERTO VIBRA MAHOU🔴 Catuxa Salom - CONCERTO VIBRA MAHOU⚫ Uxía Lambona e a Banda Molona 🔵 García MC 🔴 Muyayo Rif⚫ La Duendeneta 🔵 La Yaya Dj 🔴 Mekanka Rolling Band🎟️ Merca xa o teu abono ou a túa entrada de día, antes de que muden de prezo o próximo martes día 3 de setembro, en www.revenidas.com 👈🐟 #Revenidas 2024 do 12 ao 15 de setembro en Vilaxoán 🎶#Revenidas #Vilaxoán #DeputaciónDePontevedra #XuntaDeGalicia #RíasBaixasFest #Galicia #RíasBaixas #Xacobeo #OFestivalDasLinguas #VibraMahou #PacoLola #Sonen Concello Vilagarcía de Arousa Deputación Pontevedra Turismo Rías Baixas Cultura de Galicia Xunta de Galicia Turismo de Galicia Camino Xacobeo Vibra Mahou Deleite Gadis PACO & LOLA Alma Atlántica Arehucas ... See MoreSee Less
Ver en Facebook