nota.
————————————————————————-
Entradas 15€ (zona B) – 18€ (zona A)
Ariel Rot ten un novo disco, así que falemos de La Manada. Outro álbum que, como todos os seus, é ese recanto seguro, onde o melómano atopará refuxio: tanta é a elegancia coa que traballa no estudo e tanto savoir faire desprega, derrochando clase e talento, sentido e sensibilidade.
Porque La Manada, producido por José nortes (amigo de Rot dende hai máis dunha década) e interpretado no espírito da banda de rock (e notase), é un disco que desborda grandeza. Grandeza sonora nas súas melodías perfectas e imaxinativas. Con ese gusto de Ariel Rot por pasearse con cintura polos xéneros cun dominio que apabulla: do rock sen contemplacións de “Una semana encerrado”, “Espero que me desculpen” (posto en pe xunto aos xovenes discípulos de Los Zigarros: !sangue fresca para la máquina!) e “Muy complicado”, pasando por tremendas baladas como “Solamente adiós” (unha canción maxestosa), “La manada” e “En el borde de la orilla”(case que acústica, e dunha beleza extrema). Pero tamén pode bordar un blues correoso en “Se me hizo tarde muy pronto”, coquetear con intención co jazz en “Vagabundo” e “Una nube que pasó” co swing en “Me voy de viaje” ou acercarse con convicción a New Orleans “Broder”.