Ariel Ninas, Catalina Moura e César Prata “do Natal aos Reis. Cantos da Galiza e Portugal”

Decembro 19, 2019

Coñeciamos a colaboración do portugués César Prata (guitarra, tounguedrum, dulcimer, adufe, voz) e o galego Ariel Ninas (zanfona, sinos, adufe, voz, harmónica) polo álbum “Cantos de cego da Galiza e Portugal”. Nun labor semellante, e sumando a voz da portuguesa Catarina Moura, recolleron e arranxaron máis dunha ducia de cancións tradicionais da época natalicia de ambas as marxes do Miño. En principio, interpretáronas ao vivo no Natal pasado e agora preséntanas gravadas coa edición, unha vez máis, da Central Folque.

O disco contén “Cancións de Noiteboa ou de Consoada, de Natal, Manueles, de Ano Vello ou de Aninovo, de Reis ou Xaneiras,… repertorio que popularmente se interpreta de casa en casa por un grupo de persoas que piden o aguinaldo. Mudanza de ciclo anual e solsticio de inverno, cantos ao Neno, aos Reis Magos e á Epifanía nun estilo moi particular e diferente doutros xéneros das nosas músicas populares.”

Ademais das pezas tradicionais, interpretan un poema de Fernando Pessoa (“Chove”) e unha peza de Angel Custodio Santabaya (“Ou do casa!”) na que a zanfona asume as voces orixinalmente escritas para varios instrumentos e coro. O resultado confirma, por didáctico e pola interpretación tan coidada, que cumpría recollelo en disco, neste caso un digipack con libriño coas letras e un texto explicativo de Domingos Morais.

Pepe Cunha, 19-decembro-2019

AXENDA

Facebook

3 days ago

Ábrete de orellas
Este sábado, na Sala Rebullón, o porriñés Peter Petrowski presenta o seu novo disco de colaboracións, ALL-STARS, co que celebra dez anos de produción musical. 💿A presentación contará coa presenza de practicamente todas as colaboracións que participaron nesta gravación e con Lakenobaila aos pratos, nun evento único e seguramente irrepetible que reunirá algunhas das voces máis importantes das músicas urbanas do País. 🌟Antes das actuacións, poderemos gozar do documental 𝗦𝗘𝗚𝗨𝗜𝗠𝗢𝗦 𝗘𝗡 𝗣É!, que conmemora os 20 anos da banda DAKIDARRÍA , cuxo cantante, Gabri, tamén colabora neste disco. 📽️Ademais, a colaboradora Nuria Vil presentará a curta 𝗗𝗲𝗹𝗶𝗻𝗰𝘂𝗲𝗻𝘁𝗲, baseada no seu poema sobre a historia obreira da cidade de Vigo e dirixida por Alba Domínguez, na que Petrowski asina a posprodución da banda sonora.E para rematar esta gran xuntanza de ALL STARS, ninguén mellor que Sapoconcho SemPoncho .🎉Non te perdas esta celebración da música galega. A cita comeza ás 17:00h coas proxeccións.🎟️ Entrada Anticipada 5€ + G.X / Billeteira: 8€💻 Entrada web: vivetix.com/entradas-peter-petrowski-presentacion-all-stars-2msj?s=link&fbclid=PAZXh0bgNhZW0CMTEA...🏡 Entradas á venda na Cantina As Pedriñas🗓️ Sábado, 5 de Outubro.⏰ 17:00h - Proxeccións 📍Avda. Rebullón Nº 23 - Tameiga.#keler Keler #Tameiga #Concertos #Conciertos #Musica #Comunidade #Mos #Galicia #Salarebullon ... See MoreSee Less
Ver en Facebook