Aprazada a Batalla de bandas de CUAC FM

Xaneiro 14, 2022

nota:

Mañá, sábado 15 de xaneiro, estaba previsto que se celebrase a Batalla de Bandas do XXIII Concurso de Bandas e solistas CUAC FM que conta co financiamento da área de Cultura da Deputación da Coruña. As bandas finalistas son Tandub e Jaunx, ambas galegas. As restriccións actuais provocan que estea pechada a Sala Mardi Gras polo que o concerto debe aprazarse. Dende CUAC pedimos disculpas ás bandas e á xente que xa estaba a reservar entradas. A nova data será comunicada o antes posible pero non antes dun descenso considerable da curva de contaxios que garanta que o concerto poderá celebrarse polo menos con alta probabilidade.

AXENDA

Facebook

21 minutes ago

Ábrete de orellas
DULZARO e Mondra xúntanse en "Un labradorito" ... See MoreSee Less
Ver en Facebook