Anxo Lorenzo “Vórtex”

Outubro 29, 2018

Tras presentalo ao vivo en festivais importantes do circuito folque en Europa ou Sudamérica, chega o cuarto disco do moañés Anxo Lorenzo, un dos nosos gaiteiros máis internacionais, por actuacións de seu e colaboracións. Nesas viaxes coñeceu moitos dos participantes neste “Vórtex” gravado en Escocia, Irlanda e Galiza: Jarlath Henderson, Blackie O’Connell, Ross Ainslie, Andy May, Germán Díaz … e en especial o violinista irlandés Eoghan Neff, membro tamén da súa banda ao vivo.

Segue levando a gaita galega polo mundo cun tratamento nada purista ou restritivo, preferindo as fusións tanto nos temas propios como nos arranxos de temas galegos. Entre estes, “A Laranxeira” ou “A Barroca”, interpretada a cargo de catro tipos de “bag pipes” (Uileann pipes, Northumbrian pipes, Small pipes e gaita galega). Tamén salientaría a canción que abre o disco, “Silviris“, ou “Berobreo Blues”, ambas asinadas por un Lorenzo que tamén se loce nun moi presente low whistle.

Non fallan algunhas programacións electrónicas que lembran aquel primeiro “Spiritu 986”, pero o disco ten máis a ver cos posteriores “Tirán” e “Confuxón”. Seica quería ofrecer un disco variado, colorido e aberto, mesmo internacional, para o que traballou con varios produtores e moitos colaboradores. Se pensamos que apenas pasa da media hora sumando os 10 cortes, podemos dicir que o disco é deses de “o bo se breve ..” e ademais resulta asequíbel para os públicos que se achegan ao folque moi de cando en vez.

AXENDA

Facebook

3 days ago

Ábrete de orellas
Este sábado, na Sala Rebullón, o porriñés Peter Petrowski presenta o seu novo disco de colaboracións, ALL-STARS, co que celebra dez anos de produción musical. 💿A presentación contará coa presenza de practicamente todas as colaboracións que participaron nesta gravación e con Lakenobaila aos pratos, nun evento único e seguramente irrepetible que reunirá algunhas das voces máis importantes das músicas urbanas do País. 🌟Antes das actuacións, poderemos gozar do documental 𝗦𝗘𝗚𝗨𝗜𝗠𝗢𝗦 𝗘𝗡 𝗣É!, que conmemora os 20 anos da banda DAKIDARRÍA , cuxo cantante, Gabri, tamén colabora neste disco. 📽️Ademais, a colaboradora Nuria Vil presentará a curta 𝗗𝗲𝗹𝗶𝗻𝗰𝘂𝗲𝗻𝘁𝗲, baseada no seu poema sobre a historia obreira da cidade de Vigo e dirixida por Alba Domínguez, na que Petrowski asina a posprodución da banda sonora.E para rematar esta gran xuntanza de ALL STARS, ninguén mellor que Sapoconcho SemPoncho .🎉Non te perdas esta celebración da música galega. A cita comeza ás 17:00h coas proxeccións.🎟️ Entrada Anticipada 5€ + G.X / Billeteira: 8€💻 Entrada web: vivetix.com/entradas-peter-petrowski-presentacion-all-stars-2msj?s=link&fbclid=PAZXh0bgNhZW0CMTEA...🏡 Entradas á venda na Cantina As Pedriñas🗓️ Sábado, 5 de Outubro.⏰ 17:00h - Proxeccións 📍Avda. Rebullón Nº 23 - Tameiga.#keler Keler #Tameiga #Concertos #Conciertos #Musica #Comunidade #Mos #Galicia #Salarebullon ... See MoreSee Less
Ver en Facebook