Anxo Lorenzo e Riobó viaxan a Bélxica para participar no Schottish Weekend Festival

Setembro 05, 2012

A vindeira fin de semana, entre os días 7 e 9 de Setembro, celébrase na localidade Belga de Bilzen a 27 edición do Schottish Weekend. Un festival polo que teñen pasado artistas da talla de Phill Cunningham, Capercaillie, Shooglenifty, Fred Morrison ou Michael McGoldrick, e que nesta ocasión conta coa representación galega de Anxo Lorenzo e Riobó. O gaiteiro de Moaña actuará o día 8 de setembro, mentres que o grupo de Begoña Riobó subirá ao escenario o día 9.

Logo dun intenso verán, Anxo Lorenzo está a preparar o seu novo traballo discográfico, que verá a luz a primeiros do ano que vén. Pola súa banda, Riobó continúa coa presentación do seu primeiro disco, co que xa colleitou boas críticas a nivel internacional.

AXENDA

Facebook

6 hours ago

Ábrete de orellas
Por fin pasamos pola Guion clube clube de Pontedeume e está orelluda. Xa lles gustaría a moitas salas contar con esa disposición e espazo! E non podía haber mellor banda para vivir outro concerto intenso e nas distancias curtas que MOURA, das propostas máis interesantes do país nos últimos anos co seu rock progresivo-psicodélico enchoupado de ritmos e versos tradicionais.Spinda Records Spinda Records Luneda Producións Luneda Producións ... See MoreSee Less
Ver en Facebook