nota:
António Zambujo, a nova estrela mundial do fado, volve a Galicia co seu último disco ‘Quinto’ co que triunfou en todo o mundoofrece un concerto no Auditorio o 27 de setembro
(12 € anticipada)
António Zambujo, o novo fenómeno do fado portugués, ofrece un concerto no Auditorio de Galicia de Santiago o vindeiro sábado 27 de setembro. As entradas poden mercarse de maneira anticipada en Abanca ao prezo de 12 euros.
António Zambujo (Beja, 1975) é un dos máis importantes cantores contemporáneos portugueses, tendo gañado o Prémio Amália Rodrigues (atribuído pela Fundação Amália Rodrigues) na categoría de “Melhor Intérprete Masculino de Fado”.
Aos seus 39 anos, Zambujo convertiuse na voz portuguesa masculina máis internacional do momento. Nas súas cancións fusiona elementos do jazz, a bossa nova, a morna, o chorinho e o cante alentexano co fado creando un estilo único.
Dono dunha “voz naturalmente musical”, como dixo o seu agora valedor Caetano Veloso, ninguén fica indiferente ao escoitalo coa súa delicadeza ao cantar, pronunciando con coidado e sentimento cada palabra co seu pausado acento alentexano.
Zambujo pasa por Galicia logo de presentar con éxito en todo o mundo o seu quinto disco (tamén chamado ‘”Quinto”), que agora trae de novo a Portugal e a Galicia, e logo a Francia e a Bélxica.
Así o definiu Caetano Veloso: “…o que se ouve em Zambujo é algo já que vai mais fundo. É um jovem cantor de fado que, intensificando mais a tradição do que muitos de seus contemporâneos, faz pensar em João Gilberto e em tudo que veio à música brasileira por causa dele.”
Comentarios na prensa internacional:
“He upholds fado’s sense of longing and tragic dignity as he brings it into modern close-up”. New York Times http://www.nytimes.com/2012/05/14/arts/music/antonio-zambujos-fado-at-skirball-center.html
“A música de António Zambujo é cada vez máis preciosa.” Público