nota:
Teatro Rosalía Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
Prezo: 18, 14, 10, 8 euros (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%)
Presentación do seu novo disco Rúa da Emenda
António Zambujo nace en setembro de 1975 en Beja, poboación do Alentejo (Portugal). Iniciado desde moi cedo na técnica vocal, desenvolve un grande abano de tonalidades de voz. Logo aprende o clarinete e o jazz mentres comeza a practicar o fado.
Comeza axiña a cantar en clubs do famoso barrio de Alfama en Lisboa.
Recibe o premio ao mellor intérprete masculino de fado, da Fundación Amália Rodrigues en 2006.
Con Outro sentido (2007) promociónase internacionalmente en Europa e Brasil.
Publica Guia en setembro de 2010, unha nova etapa para un artista que transcende as fronteiras dos cantos tradicionais portugueses e do fado. O seu quinto álbum Quinto publícao en 2012.
António Zambujo tras 12 anos cantando no mundo do fado, elixe esta vez un novo traballo con nome de rúa portuguesa Rua da Emenda. Unha proposta cuxo título revela a peregrinación neste canellón adecuado para o amor dun fadista, porta a porta e paso a paso. Neste traballo que sabe a música lisboeta, quere mostrar unha peculiar harmonía e comprensión que recorda a aqueles tempos onde as persoas se coñecían na rúa onde vivían. Un traballo cosmopolita, con baladas, valses e toda clase de versións a que este excepcional fadista nos ten afeitos.
Venda de entradas:
Despacho Central, Praza de Ourense: de luns a venres, de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho do Teatro Rosalía: só días de función, de 12 a 14 e de 18 a 20 h
Sede Afundación: de luns a sábado, incluídos festivos, de 9 a 21 h
Venda telefónica: 902 044 226