nota:
António Zambujo, o novo fenómeno do fado portugués, ofrece un concerto no Auditorio de Galicia de Santiago o domingo 14 de maio. As entradas poden mercarse de maneira anticipada en Ticketea ao prezo de 20 euros.
En só dúas semanas António Zambujo conquistou o Disco de Ouro co seu novo álbum, “Até Pensei Que Fosse Minha”, e á semana seguinte xa conseguiu o primeiro posto do top portugués de vendas, tanto en formato físico como dixital.
“Até Pensei Que Fosse Minha” é un proxecto moi especial no percurso de António Zambujo, sendo composto somente por cancións de Chico Buarque, mestre da música popular brasileira que chega mesmo a colaborar co músico português na canción “Joana Francesa”.
Para este disco António Zambujo contou tamén coa colaboración da cantora brasileira Roberta Sá, no tema “Sem Fantasia”, e da fadista Carminho, en “O Meu Amor”.
De “Até Pensei Que Fosse Minha” fan parte algunhas das cancións máis emblemáticas da carreira de Chico Buarque, como “Cálice”, “Valsinha”, “Tanto Mar” ou “Injuriado”, cuxo vídeo, realizado por André Tentugal e filmado no Café Buenos Aires, em Lisboa, foi estreado recentemente, sumando, até ao momento, mais de 70 mil visualizacións no YouTube.
António Zambujo
António Zambujo (Beja, 1975) é un dos máis importantes cantores contemporáneos portugueses, tendo gañado o Prémio Amália Rodrigues (atribuído pela Fundação Amália Rodrigues) na categoría de “Melhor Intérprete Masculino de Fado”.
Zambujo ten unha relación moi especial con Galicia, país que sempre visita nas súas xiras mundiais ou por razóns doutro tipo. Foi o caso hai un mes cando participou no 30 aniversario da Casa das Crechas.
Aos seus 41 anos, Zambujo convertiuse na voz portuguesa masculina máis internacional do momento. Nas súas cancións fusiona elementos do jazz, a bossa nova, a morna, o chorinho e o cante alentexano co fado creando un estilo único.
Dono dunha “voz naturalmente musical”, como dixo o seu agora Caetano Veloso, ninguén fica indiferente ao escoitalo coa súa delicadeza ao cantar, pronunciando con coidado e sentimento cada palabra co seu pausado acento alentexano.
Así o definiu Caetano Veloso: “…o que se ouve em Zambujo é algo já que vai mais fundo. É um jovem cantor de fado que, intensificando mais a tradição do que muitos de seus contemporâneos, faz pensar em João Gilberto e em tudo que veio à música brasileira por causa dele.”
Vídeos: https://www.youtube.com/watch?v=9z12RQecmTU (Injuriado)
E aquí podedes descargar imaxes e mp3 do seu último disco, ‘Pensei que fosse minha’:
https://www.dropbox.com/sh/1v384q9wxudiqbi/AABQwEbrPyNzmB5kanNnIebHa?dl=0
Entradas: