Antonio Lizana

Agosto 18, 2016

nota.

Antonio Lizana (Jazz-flamenco, Cádiz)

Como en ‘De viento’, o seu primeiro traballo, pero tamén como en Antonio Lizana Group, o seu proxecto orixinal. Así soa ‘Quimeras del mar’, segundo álbum do gaditano Antonio Lizana, saxofonista e cantante que viaxa a través do jazz guiado pola inspiración do flamenco. Jazz-flamenco: un estilo con fundadas aspiracións de xénero no que Lizana eríxese en protagonista. Nove temas da súa autoría configuran un novo disco sobre todo gaditano, e por tanto internacional, que xa está na rúa.

“Non podemos máis que deixarnos hipnotizar polos segredos do mar e as súas quimeras”, resume Lizana nun pequeno texto incluído no álbum. Eses segredos e esas quimeras lévanlle a viaxar polas músicas do mundo a través dun diálogo improvisado co jazz.

AXENDA

Facebook