Antílopez

Outubro 25, 2014

nota:

Antílopez | Inclasificable

Félix López, Miguel Ángel Márquez.

Un par de músicos clown sen nariz de pallaso. Un par de cantautores roqueiros en plan cómicos suicidas que se atreven a saltar sen rede sobre calquera escenario, chámalle xe. Versos canallas, letras cun ritmo desorbitado, arrincadas do fondo da garganta maltratando as cordas vocais… Un dúo cun par de guitarras ben postas, moi ben acompasadas, “al toque” como din os flamencos. Cantantes de volta e volta, de fandango a milonga, que se atreven co que se lles poña por diante, sexa tango ou hip hop, coa humilde aspiración de tocar tódolos paus sen vergoña ningunha. Polifacéticos ata a medula, da raíz ás puntas. Auténticos rompedores na escena musical deste país. Todo isto con ese arte andalú que lles ferve nas veas. Viva Huelva! E olé! E así con semellante mestura perfecta de música e vodevil, esta estraña parella vai enchendo as salas onde actúa por toda a xeografía española conquistando as míticas Galileo Galilei, Caracol e Luz de Gas entre outras.

Facebook

4 hours ago

Ábrete de orellas
Un dos temas favoritos do último álbum de Ataque Escampe.Tremendo Audiovisual ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
23:00 h.
Pub Clavicembalo, Lugo.