Antílopez

Xuño 07, 2013

nota:

Antílopez |CHIRIPOP ABSURDO DEPRESIVO CON CATARSIS TRAGICÓMICA

Un novo concepto de canción. Á súa música adoita poñérselle a etiqueta de inclasificable. Estes compositores e intérpretes, creativos e cómicos, guitarristas… suxírenno-lo denominado: “Chiripop Absurdo Depresivo con Catarsis Tragicómica”. Unha combinación intelixente, surrealista, variada en estilos de canción e interpretación… que suscita a interacción do público nos seus espectáculos. Unha mestura aditiva que vai desde o pop ao music hall pasando por shuffle, boudeville e cabaret. Unha colleita irrepetible de pequenos xenios desxenerados e polifacéticos que nos revelan entre risas vivir disto “por desamor al arte” e que entoan as súas ideas para xerar estados de sublimación. Un gran chorro de ideas novas que invitan ás antigas ao baile de fin de curso. Se non o perdedes, non vos arrepentiredes.

AXENDA

Facebook

23:59 h.
Pub Clavicémbalo, Lugo.