Antilia

Decembro 20, 2014

nota:

Antilia, un novo proxecto musical da artista María Costas que se presenta diante da sociedade mañá venres en Vigo (Xancarajazz) e o sábado no noso local.

As composicións de Antilia teñen un sabor atlántico, aberto, nostálxico, pero tamén diáfano e vital. Non deixan a ninguén indiferente; teñen influencias do jazz, blues, rock sinfónico e aportacións do folk, cun toque de sofisticación nos arranxos, fuxindo do obvio, do fácil encasillamento. Uns textos poéticos en galego que conseguen fío directo co público e van mais alá dos lugares comúns.

Intensidade, sensibilidade e paixón, a transmisión de sentimentos a través da música. Esa é a súa prioridade. As súas influencias van desde Bob Dylan a Joni Mitchell, pasando por referentes como Billie Holiday, Amalia Rodrigues, Jose Afonso e Caetano Veloso.

Ao concerto acoderá en formato cuarteto, con guitarra (José Churruca), contrabaixo e baixo (Pablo Vidal) e batería (Noli Torres).

María Costas é cantante, actriz e adestradora vocal. Máis información:

21:00 h.
Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
10 €