Antía Muíño

Setembro 04, 2022

nota:

Mañá domingo a Casa de Rosalía acolle un concerto benéfico organizado pola adega Paco & Lola e protagonizado por Antía Muíño, destacada voz emerxente da música galega.

Este evento forma parte do ciclo de concertos “Son & Sal, por terra e por mar” que organiza esta adega en espazos emblemáticos como o son a Fundación Manolo Paz en Castrelo e a Casa-Museo Rosalía de Castro en Padrón, que será o punto de encontro da maridaxe entre a música de Antía Muíño e os albariños de Paco & Lola. Todo o recadado no concerto será en beneficio do banco de alimentos da zona, xestionado pola Federación Galega de Banco de Alimentos.

Cada entrada inclúe a visita á Casa-Museo Rosalía de Castro no propio día do concerto. A apertura de portas é as 19:00h, todos os asistentes terán a oportunidade de visitar a Casa-Museo Rosalía de Castro, para percorrer o espazo dedicado á exposición da obra da artista. O concerto terá lugar no recentemente estreado auditorio da Casa-Museo de Rosalía de Castro en Padrón.

Antía Muíño será a encargada de pechar esta nova edición. É cantante, guitarrista e compositora. Dona dunha fermosa voz, é unha das figuras emerxentes da música galega. O próximo domingo compartirá escenario con Miguel Arribas ao saxo e Lucas de Centi á percusión e teremos a oportunidade de escoitar os poemas da escritora Rosalía de Castro musicados pola súa fermosa voz.

O evento contará con control de acceso. Non se permitirá a entrada ao recinto a partir das 20:00h. co fin de evitar interrupcións durante o espectáculo.

Entradas á venda en

20:00 h.
Casa Museo de Rosalía, Padrón.
15 €