Anthony Ocaña + Clarence Bekker

Outubro 28, 2016

nota:

Anthony Ocaña. En Ruta + Clarence Bekker 1906

● Anthony Ocaña | Inclasificable… En Ruta

Compositor e guitarrista cunha voz moi persoal que reúne influencias da música clásica, jazz, minimalista, pop, caribeña e latinoamericana. É, sen lugar a dúbidas, un dos máximos expoñentes da guitarra moderna e un innovador da mesma. Crea concertos para guitarra de seis e dez cordas, guitarras procesadas a través de loops e delays. Desde idade temperá estuda música na súa natal República Dominicana e aos 18 anos recibe unha beca para estudar composición e guitarra no Manhattanville College (de Nova York) onde se gradúa con honores. Con só 19 anos, é invitado a ser anfitrión do pianista de jazz e gañador de varios premios Grammy Gonzalo Rubalcaba. A raíz desta experiencia, Ocaña decide interpreta-las composicións e arranxos propios nos seus concertos. Máis tarde volve ser anfitrión de Gonzalo Rubalcaba así como de Egberto Gismonti, unha das súas máximas influencias.

● Clarence Milton Bekker 1906

Clarence Milton Bekker: voz; Arecio Smith: teclados; Francisco Guisado Rubio: guitarra; Charly Moreno: baixo; Carlos López: batería.

Hai tipos que só necesitan un par de bos acordes, unha voz con personalidade e unha historia que contar para chegarnos á alma en cuestión de segundos. Os verdadeiros cantantes de soul prescinden de aditamentos para transmitir e, non o dubides, Clarence Milton Bekker encóntrase nesa nómina de elixidos. Nacido en Surinam pero de nacionalidade holandesa, a súa carreira levouno por infinidade de camiños: foi o membro máis mozo da famosa Swinging Soul Machine, do colectivo de world music 08001, e é, actualmente, a voz do proxecto viral Playing For A Change. Os reveses da vida apartárono uns anos do seu camiño fulgurante, pero comezou de novo desde o primeiro chanzo e coa maior humildade. Por fortuna xa o temos de volta con moita máis forza e con máis amosegas na culata para arrasar sobre o escenario. Escoitándoo en directo esquecerás esa nostalxia de Marvin Gaye que todos levamos dentro. Volverás a ilusionarte co soul como se fose a primeira vez.