Ángela Cervantes Quinteto

Marzo 02, 2013

nota:

GP (Girando por Salas)

Ángela Cervantes presenta o seu primeiro CD, EN ESTA ORILLA DE DREXLER, fusionando a poesía urbana do cantautor uruguaio co jazz.
Ángela Cervantes: voz; Pablo Martín-Caminero: contrabaixo; Daniel Oyarzábal: piano; Borja Barrueta: batería;Ariel Brínguez: saxos

Ibicenca de cuna. No 1999 entra na Aula de Música Moderna i Jazz de Barcelona.

Asistiu a clases de Deborah J. Carter, Carme Canela, Mireia Lara, Shamanka Phoenix… Recibiu leccións maxistrais de Pat Metheny, Perico Sambeat, Sheila Jordan, Jennifer Batten, Antonio Sánchez, Jerry Gonzalez, Steve Rodby, Deborah J. Carter…

Integrante do grupo de gospel/world music The Black & White Xperience (Francia), co que estivo de xira por Europa e asistiu ao Festival Jazz de Sitges. Impartiu clases de Tècnica Vocal i Repertori na Escola de Música Sant Gervasi en Barcelona e na de Cerdanyola del Vallès. A finais do 2005 trasládase a Madrid. É corista da banda, tributo a Pink Floyd, The Pink Tones. Fixo coros no disco Amar la Trama de Jorge Drexler e no primeiro da toledana María Toledo. Presentou o seu disco En esta orilla de Drexler no Festival de Jazz de Ibiza en agosto do 2012…

O cuarteto de excepción, que reúne músicos de gran prestixio no mundo do jazz, rende homenaxe ao mestre Jorge Drexler tomando a sensibilidade das súas letras, a esencia dos seus grandes temas e cargándoos de encanto e texturas novas na voz única de Ángela, voz dunha frescura e beleza que rompe os moldes do jazz e a música popular contemporánea e que emerxe pisando forte con paixón, versatilidade e elegancia. Partindo dunha bagaxe, experiencia e creatividade máis que probadas, revisítanse as cancións do mestre e vístense dun estilo completamente distinto con arranxos musicais extraordinarios nunha interpretación que sorprende pola sinxeleza e elegancia acústicas.

AXENDA

23:59 h.
Pub Clavicémbalo, Lugo.