Andrés Suárez

Outubro 20, 2012

Andrés Suárez (Canción de Autor, Ferrol)

Andrés Suárez presenta o seu último traballo discográfico, CUANDO VUELVA LA MAREA. Gravado nos estudos SantaRosa de Alcalá de Henares no ano 2011, este disco preséntase como o máis consolidado e firme da súa carreira.

Conta coa dirección musical de Alfonso Pérez (Alejandro Sanz, Marta Sánchez, Estopa, Andrés Calamaro, Miguel Bosé, Rosana, Nena Pastori…) e cunha banda formada xunto ao seu baixista e amigo Luismi Baladrón que renovan o seu son e faino máis firme, cun son “máis de banda”. Jose Barragán, David Escudero, Andrés Litwin, Jorge Montes e, como, non Alfonso Pérez e Luismi Baladrón. O disco conta con temas clásicos xa no seu repertorio de directo como “No te quiero tanto”, “Piedras y Charcos” ou “La ví bailar flamenco”, así como cinco temas inéditos: “Imaginanos”, “A media estrella”, “No me queda un Abril para ti”, “Lo malo está en el aire” e un bonus track gravado en directo chamado “Tengo 26”, a canción “máis autobiográfica e dura” que o autor escribise. O disco conta cunha única colaboración de luxo. Trátase dun dos piares e referentes na música de Andrés: Pablo Milanés, na canción “Perdón por los bailes”.

É un disco onde as influencias do galego saen máis á luz, e o disco máis heteroxéneo á vez: dende sons celtas ao máis puro rock pasando pola balada ou un pop británico. Andrés recoñece que “escoitou de todo”, dende Juan Luis Guerra a Tote King, pasando por Extremoduro e parándose en Javier Ruibal. De Pablo Milanés a John Mayer. “No hay nada mejor que escuchar todo tipo de música, y cuando digo todo es todo, ya que toda la musica es un acierto, es real”.

En non moito tempo Andrés Suárez converteuse nun nome referente dentro da canción de autor deste país, leva máis de dez anos percorrendo todos os locais de música en directo coa súa guitarra, creando cancións. É un nome seguro na cartelería de salas como o Liberdade 8 ou Galileo Galilei. O disco sae coa discográfica Retolos Records coa intención de superar os 4000 discos vendidos do seu anterior traballo (sen promoción nin apoio discográfico) e de realizar unha xira nacional e internacional.

Concerto fin de Xira “Cuando vuelva la Marea”

Máis info:

http://www.andressuarez.es/cuandovuelvalamarea/

Facebook

10 hours ago

Ábrete de orellas
O SONORO MAXÍN, banda referente da Galicia tropical con mensaxe, volve cun EP titulado como a canción que o abre e desde xa un dos versos dos ano: “A primavera ten que ser nosa”. Culturactiva S. Coop. Galegaabretedeorellas.com/o-sonoro-maxin-a-primavera-ten-que-ser-nosa/ ... See MoreSee Less
Ver en Facebook