apertura de portas, 20:30h.
nota:
Artista indomable e irrepetible persoaxe, Andrés Calamaro é sen dúbida un dos creadores esenciais da música popular latinoamericana de ambos lados do océano. Dende os tempos en Los Rodríguez e o seu posterior encumbramento con álbumes en solitario tan lembrados coma Honestidad Brutal, volta agora con Bohemio un traballo de rock directo e eléctrico.
Tras unha ausencia de dous anos, Andrés Calamaro atópase embarcado nunha exitosa xira que recalará este mércores 28 na Praza da Quintana de Compostela como prato forte das Festas da Ascensión.
E para que a noite sexa aínda maís compreta, Calamaro contará como artistas convidados coa banda compostelana Los Árboles, flamantes gañadores do premio ao mellor videoclip no Festival de Cans por Un Gran Hijo de Puta, contido no seu excelente traballo Los Días que Quedan son Nuestros.
As entradas atópanse á venda en:
Entradas NovaGaliciaBanco
Ticketea
Teatro Principal
A Reixa Tenda
Miranda
Kunsthalle