Andrea Pousa

Abril 15, 2018

nota:

Andrea Pousa presenta por primeira vez na Coruña o seu o seu primeiro disco en solitario, ‘Respirar’, logo de 15 anos enriba dos escenarios. Será o vindeiro domingo 15 de abril na Sala Garufa. Cunha voz emocionante e de capacidades líricas, Pousa habita e dá forma a un feixe de cancións diversas, desde o lirismo á tradición, pasando polo popular e a vangarda. Todas elas cancións orixinais, agás unha versión innovadora da coñecida “Negra Sombra” de Rosalía de Castro e Juan Montes.

‘Respirar’ son cancións melódicas interpretadas en galego, español e portugués. E producidas polo compositor e músico coruñés Nani Tarcía. Trátase dun traballo elaborado con moito gusto que sabe sacar a verdadeira esencia de Andrea Pousa, cunha calidade musical e artística moi sofisticada.

Andrea Pousa é unha cantora lírico-melódica nada en Tomiño rica e poderosa en creatividade, sensibilidade e temperamento. Ten a capacidade de converter cada tema nunha obra de arte viva e transformadora.

Estudou durante máis de dez anos canto e interpretación, e participou no grupo vogal feminino vigués “Sueño de Calíope”, ademais de ser a voz principal de “Keltia O Musical”.

Vídeoclip: https://www.youtube.com/watch?v=cGLf5YPFimw

AXENDA

Facebook