nota:
An Tor (música tradicional irlandesa) Martes 22 ás 21h30 (5€ anticipada)
Este sexteto alemán visita por primeira vez a Península para ofrecer un concerto baseado na música tradicional irlandesa na Casa das Crechas. Nils Nolte (voz e frauta), Elke e Siggi Zörntlein (violíns), Greg Ostermann (acordeón), Klaus Kirchhof (bouzouki) e Marcus Metz (guitarra), formáronse cos mellores mestres de Irlanda. Despois dunha xira por Alemania, Francia, Suiza e Austria, An Tor comeza na Casa das Crechas a súa primeira xira galega, que tamén os levará ao Aturuxo de Bueu o mércores 23.
Aclamados pola crítica, o “Irish Music Magazine” destacou o seu bo facer, así como a publicación Folkworld, que dicía así: “A súa interpretación é merecende de calquera boa banda irlandesa e as súas habilidades na composición son impresionantes”.