An Tor

Abril 23, 2014

Este sexteto alemán visita por primeira vez a Península para ofrecer un concerto baseado na música tradicional irlandesa na Casa das Crechas.
Nils Nolte (voz e frauta), Elke e Siggi Zörntlein (violíns), Greg Ostermann (acordeón), Klaus Kirchhof (bouzouki) e Marcus Metz (guitarra), formáronse cos mellores mestres de Irlanda. Despois dunha xira por Alemania, Francia, Suiza e Austria, An Tor comeza na Casa das Crechas a súa primeira xira galega, que tamén os levará ao Aturuxo de Bueu o mércores 23.

Aclamados pola crítica, o “Irish Music Magazine” destacou o seu bo facer, así como a publicación Folkworld, que dicía así: “A súa interpretación é merecende de calquera boa banda irlandesa e as súas habilidades na composición son impresionantes”.

AXENDA

Facebook

6 hours ago

Ábrete de orellas
Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre presentaron as cancións de "Axudame a sentir" canda moitos do seus clásicos.As entradas estaban esgotadas e os seus concertos xustifícano. ... See MoreSee Less
Ver en Facebook