ciclo Sons Ferrol
O vindeiro 24 de maio, tamén dentro do Ciclo Sons Ferrol, Amancio Prada presentará no Teatro Jofre o seu último espectáculo “A Rosalía de Federico”.
Coa súa proposta, o artista reconstrúe as pegadas no camiño da poesía que conduce ao reencontro co ausente. Amancio Prada mantén un diálogo con dúas das voces máis esenciais e conmovedoras da lírica española: Federico García Lorca e Rosalía de Castro. No seu recital, aborda composicións
inéditas en viva voz, cheas de simbolismo e de apego á terra.
O concerto comezará ás 20:30 horas e as entradas para asistir teñen un prezo anticipado de 14 euros. Pódense adquirir no despacho de billetes do Jofre ou na web servinova.com.
ENTRADAS: Despacho de billetes do Jofre, servinova.com