Alpargata + Ombligo

Febreiro 11, 2017

nota

Oitava edición de Noites de Luz

Voltan as “Noites de Luz”. Nesta edición, os organizadores deste evento tráennos aos madrileños Alpargata e Ombligo. Dous grupos cun directo impresionante que non escatiman en calidade musical nin en sentido de humor. Ambas bandas son orixinalmente únicas e inclasificables na súa proposta musical e serán as encargadas de encher de música A Coruña, en concreto o Garufa Club, a noite do sábado 11 de febrero.

Este ciclo de concertos -que xa vai pola súa 8ª edición- ten como promotores á banda galega Chotokoeu, que organizan as Noites de Luz para traer á súa cidade a algúns dos mellores músicos que coñeceron na súa traxectoria musical: “…en concreto, Alpargata e Ombligo, son dous dos directos máis incribles que tivemos o placer de desfrutar, para nós é un soño poder xuntalos nesta edición de Noites de Luz”, afirman dende a banda coruñesa.

Ante todo, Alpargata é unha banda para ser desfrutada a pé de esceario nun dos seus contundentes e impredecibles directos. Ademáis veñen a presentar o seu último traballo de estudio “Subiendo de nivel”, un disco moi elaborado e orixinal cheo de estilos, cores e sabores. Acompañando a esta bandaza estará Ombligo, un trío madrileño que se auto-etiqueta como “gypsy ambigüo”, que de seguro sorprenderá, e ademáis haberá moito baile, moito humor e moi bo ambiente.

Noites de Luz preséntase coma un espectáculo cultural de calidade máis aló das tendencias comerciais, con prezos asequibles para que todo o mundo se anime: 6 euros anticipada e 10 euros na billeteira.

Noites de Luz // 11 de febrero// Sala Garufa Club (Coruña) // 22.00 horas

– A Repichoca. Rúa Orillamar, 13
– Barbería. Rúa Orzán, 15
– Villatuerto. Praza das Atochas, 3
– Garufa Club. Rúa Riazor, 5

AXENDA

Facebook

1 hour ago

Ábrete de orellas
TANXUGUEIRAS e Fillas De Cassandra unidas en "Quen é a que canta?" ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
22:00 h.
Garufa Club, A Coruña.
6 / 10 €