Alpargata

Abril 07, 2012

Alpargata (Flamenco / Latina / Pop Punk, Madrid)

Alpargata volve a Galiza para presentar o seu segundo traballo discográfico, Al Borde del Colapso. Á parte de afondar na investigación de ritmos latinos e a rumba, xa notable no seu primeiro disco, a ecléctica banda tírase á piscina e sorprende cun disco impredicible, no que aborda dende o típico chotis madrileño ata a música electrónica experimental, pasando polo swing e o afrobeat. Por suposto, este disco non tería sentido sen o aliño de humor negro e crítica social nas letras de Mario Boville, e ese toque surrealista e apocalíptico que lles converte nun referente da escena underground española

Facebook

1 week ago

Ábrete de orellas
Sexa por descoñecemento, sensacionalismo, torpeza ... moi mal colgar así esas cifras, a monte, sen un mínimo de explicación. Pode facerse dano.La Voz de Galicia. Edición FerrolSen ir máis lonxe, o de Budiño é por cinco concertos, non polo de Ferrol.Se vos queredes escandalizar, entrade aquí e pensade en quen merecen apoio e axuda e non cheiran un euro.www.contratosdegalicia.gal/resultadoIndex.jsp?e3=1&ESTADO=4,5,6,8&OR=242&lang=gl ... See MoreSee Less
Ver en Facebook