Alondra Bentley

Marzo 07, 2013

ALONDRA BENTLEY
Despois do éxito do seu primeiro álbum, ʻAshfield Avenueʼ (2009), e da doce sorpresa da edición do disco infantil ʻAlondra Bentley sings for children, itʼs holidays!ʼ, preséntase agora ʻThe Garden Roomʼ, o traballo máis importante e emocionante que publicou até o momento esta nova cantora. Trátase dun disco que fala da familia, do pasado e do futuro e das súas raíces angloespañolas, que se pasea polo folc, o pop e ate o country, e por riba de todo, a voz pura e profunda de Alondra.

22:30 h.
Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
8 / 10 €