Aló Django Quinteto

Decembro 23, 2014

nota:
ALÓ DJANGO QUINTETO

Aló Django é un proxecto galego que busca a inspiración no jazz e na música dos xitanos “manouche” centroeuropeos: o chamado gypsy swing, un estilo lírico, alegre e acústico cuxo máximo representante é o mítico guitarrista Django Reinhardt. Ademais Aló Django é un show divertido máis alá do estritamente musical, coa presenza do claqué e a interactuación cómica co público, enfiando así música con xéneros escénicos de entretemento como o cabaré ou o music-hall, de onde veñen parte do seus integrantes. Se pensas que o o jazz é aburrido, é que aínda non escoitaches a Aló Django.

Concerto Rede Galega de Música ao Vivo (RGMV)

AXENDA

22:30 h.
Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
5 €