Aló Django

Decembro 20, 2018

nota:

ALÓ DJANGO (jazz/gypsy swing/cabaré/music hall) – XOVES 20 21:00 5€ – RGMV

Casa das Crechas ofrece un concerto de Aló Django, un proxecto galego que busca a inspiración no jazz e na música dos xitanos “manouche” centroeuropeos: o chamado gypsy swing, un estilo, lírico, alegre e acústico cuxo máximo representante é o mítico guitarrista Django Reinhardt.

Ademais Aló Django é un show divertido máis alá do estritamente musical, coa presenza do claqué e a interactuación cómica co público, enfiando así música con xéneros escénicos de entretemento como o cabaré ou o music-hall, de onde veñen parte do seus integrantes.

Finalmente en Aló Django, proxecto liderado por Xabier Mera, teñen como obxectivo fundamental difundir a música manouche, a través dun concerto con moito swing e humor. Se pensas que o o jazz é aburrido, é que aínda non escoitaches a Aló Django.

AXENDA

Facebook

21:00 h.
Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
5 €