Aló Django é un proxecto galego que busca a inspiración no jazz e na música dos xitanos “manouche” centroeuropeos: o chamado gypsy swing, un estilo lírico, alegre, acústico, cuxo máximo representante é o mítico guitarrista Django Reinhardt.
Ademais, Aló Django é un show divertido máis aló do estrictamente musical, coa presenza do claqué e a interactuación cómica co público, enfiando as músicas con xéneros escénicos de entretemento como o cabaré ou o music-hall, de onde veñen parte dos seus integrantes. En Aló Djangó teñen como obxectivo fundamental difundir a música “manouche” a través dun concerto con moito swing e humor.
Se pensas que o jazz é aburrido, é que aínda non escoitaches a Aló Djngo.