Aline Frazao

Abril 25, 2019

nota:

Aline Frazão
25 abril · 20:00h (apertura de portas)
Entrada de balde
Previa retirada de convite no despacho de billetes do Teatro Principal (desde o día 23, de 18 a 21 h) e na Sala Capitol o día do concerto.

El acceso a la Sala Capitol está prohibido para los menores de 18 años salvo que estos estén debidamente autorizados por su tutor legal. + información aquí

A cantora angolana Aline Frazão presenta Dentro da chuva, o seu cuarto disco, gravado no Río de Janeiro, nun concerto especial polo 25 de abril, Día da Liberdade, con convidados especiais: a cantora brasileira Kátya Teixiera, a galega Uxía e o multi-instrumentista “brasilego” Sérgio Tannus.

Cantora, compositora, letrista, instrumentista e produtora, deuse a coñecer no festival Internacional da Lusofonía Cantos na maré e gravou o seu primeiro traballo discografico, Clave bantú (2011), en Santiago de Compostela onde residiu durante un tempo antes de dar o seu salto internacional con Movimento (2013) e Insular (2015). O seu novo traballo, Dentro da chuva (2018) coloca a cantora angolana nun case “guitarra e voz” minimalista e poético que a reafirma como un dos grandes novos valores da música lusófona.

AXENDA

Facebook

This message is only visible to admins.
Problem displaying Facebook posts. Backup cache in use.
PPCA Error: Due to Facebook API changes it is no longer possible to display a feed from a Facebook Page you are not an admin of. The Facebook feed below is not using a valid Access Token for this Facebook page and so has stopped updating.

15 hours ago

Ábrete de orellas
hoxe mércores Narci Rodriguez no Jazz Filloa coruñés#RESERVA ENTRADAS: jazzfilloa@jazzfilloa.comAFORO LIMITADO!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
20:30 h.
Sala Capitol, Santiago de Compostela.
De balde con invitación.