Alfredo García Quartet

Novembro 12, 2014

nota:

Recentemente galardoado co primeiro premio do Concurso Nacional de Maquetas de Jazz Fusión da FNAC, xorde cando Alfredo García, tras anos de tocar en diferentes bandas, decide apostar polas propias composicións e, deixando unha tempada os escenarios, dedicarse por enteiro a levar adiante unha idea na que soubo pulsar tódolos resortes da música moderna desde os anos cincuenta; o que dá como resultado un estilo paradoxalmente directo e atmosférico, no cal as boas melodías se converten en idóneas plataformas para a improvisación e o groove non rifa co intimismo máis exacerbado.

Alfredo García: guitarra
José García: saxo
Quique Alvarado: baixo
Bruno Couceiro: batería.

AXENDA