Alexandre Lemos e convidados

Xuño 20, 2015

nota.
A Casa das Crechas acolle un concerto do brasileiro Alexandre Lemos, que está en xira por Europa, e que contará con varios convidados especiais: Najla Shami, Paulo Silva e Fred Martins.

Alexandre Lemos é carioca, nacido e criado na rúa onde se localiza o Beco das Garrafas, reduto de casas nocturnas de Copacabana onde a bossa nova se consolidou como movemento musical.

Actuando como compositor, arraxandor e productor musical, Alexande Lemos (que é sobriño de maestro, fillo de guitarrista) desenvolveu súa musicalidade en varios instrumentos. Produciu diversos espectáculos musicais na escena musical do Río de Janeiro e de São Paulo, dirixindo e/ou compartindo o escenario con diversos grandes nomes da canción brasileira, como Zé Rodrix, Tetê Espíndola, Tavito, Duofel, Celso Viáfora, Carlos Careqa, Edu Krieger, Lucina e Fred Martins, entre moitos outros.

Autor de letras e melodías, tivo máis de 150 das súas cancións gravadas por intérpretes de diversos xéneros, como por exemplo Ney Matogrosso, Renato Teixeira, Ceumar, Guilherme Rondon, Sergio Reis e Marianna Leporace. Súas obras formaron parte de bandas sonoras de novelas de TV, seriados, programas especiais de fin de ano e franquías como “Ídolos” e “The Voice Brasil”.

Produtor de CDs, tendo inclusive algunhas das súas producións indicadas para premios do sector, é tamén arranxador e programador. Influenciado, talvez, por súa formación académica en Historia, desenvolve hai tempo a actividade de investigador musical, chegando a cooperar coa Funarte co traballo de rescate do Proxecto Pixinguinha, iniciativa musical do estado brasileiro que marcou época entre as décadas de 1970 e 1980.

AXENDA

Facebook

8 hours ago

Ábrete de orellas
chegou o novo de García Mc, con Xisco Feijoó: "Quen son eu?"PlayPlan ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
21:00 h.
Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
5 €