Alejandro Vargas Tío

Novembro 29, 2018

nota:
XOVES 29 21:00 6€ [RGMV]

ALEJANDRO VARGAS TRÍO

Alejandro Vargas Trío é unha formación integrada por Alejandro Vargas (piano), Jose Manuel Díaz (contrabaixo) e L.A.R Legido (batería), cunha traxectoria de seis anos de creación colectiva abarcando linguaxes que van desde a música contemporánea, ao jazz ou a música afrocubana. Como trío formaron parte de relevantes proxectos e discos como ‘Descarga ao Vivo’, ‘Miniaturas de Eugenio Granell’ dentro de formacións dirixidas por Alejandro Vargas con diferentes formatos desde dúo, trío, 4to, 5to até a recente colaboración con orquestra (Chané Na Habana). Na actualidade están centrados no lanzamento do seu primeiro disco a trío “Diablito Baila” (Xuño 2017) que foi presentado este verán en Galicia, na sede da SGAE de Santiago de Compostela, Festival de Jazz de Vigo Imaxinasons, Festival de Jazz de Cangas… cunha visión moi persoal e xenuína do jazz contemporáneo.

AXENDA

21:00 h.
Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
6 €