ldao e Lado preséntanse en Compostela e queren que esteas alí!
Non te asustes. O título é unha só unha chiscadela a unha lectura obrigada da E.X.B. Relamente son menos de dez poemas cada unha e nós non temos barba (visible) polo de agora.
Con dez poemas por barba é un aldaolado dos de sempre: un recital no que non só hai poesía. Hai moitas historias, algunhas que nos pasaron e teñen que ver cos poemas e outras que non nos pasaron pero que nos contaron e veñen a conto dalgún verso. Tamén hai algunha que
metemos porque si, porque nos gusta, sen ningunha xustificación dramática. De cando en vez hai cancións, as nosas preferidas, e moitas ganas de compartir con vós, de xogar, de emocionarnos e de divertirnos.
Un recital de poesía que dedicaremos a todos eses señores con barba que nos fixeron odiar os recitais de poesía.
has de vir?