nota:
Alberto Montero e a maxia mediterránea este mércores en Compostela
O xardín do Hotel Costa Vella acollerá o recital ás 21:00h
TerraZeando vístese de gala para recibir a un dos mellores e máis reputados compositores dos nosos días coma é Alberto Montero. Cunha traxectoria sempre en ascenso, o músico valenciano ven de firmar no pasado 2015 “Arco Mediterráneo” unha das obras capitais da música popular contemporánea.
Gracado dun xeito artesanal, coa axuda de catro prodixiosos compañeiros de batallas coma son Román Gil, Xavi Muñoz e Marcos Junquera, que ademáis estarán con él no Costa Vella, Montero acadou neste cuarto traballo unha cima creativa e interpretativa no que de xeito natural conflúen o pop, o folk e a sicodelia, nunha ensoñación na que se evoca un tempo afastado ou un imperio derruido engulido polo Mediterráneo.
Esta reseña aparecida en Babelia, pode ser unha boa descrición do que contén esa xoia que é “Arco Mediterráneo”. Ademáis, o verxel que é o xardín do Hotel Costa Vella, semella o lugar idóneo para que as estelas que as cancións de Alberto Montero deixan ao seu paso nos atrapen nunha ensoñación da que non quereremos espertar.
Como en edicións anteriores, os concertos serán gratuítos, sendo isto posible grazas ao traballo desinteresado dos socios de Desconcierto Cultural e ao apoio do Concello de Santiago de Compostela; dos nosos patrocinadores: SON Estrella Galicia, Vermú Lodeiros e Grupo Reboreda Morgadío; dos colaboradores: Hotel Costa Vella, Restaurante Resas e MASGALICIA; e por suposto, dos titulares dos espazos nos que celebramos os concertos.